Cookies

Comunidade

No Plan Comunitario de Teis asumimos a Comunidade como protagonista do proceso no que se atopa inmersa.

Entendemos que na comunidade, a Poboación, a Administración e os Recursos técnicos, profesionais e científicos existentes, son os tres actores que interactúan establecendo relacións máis ou menos eficaces.

No proceso diagnóstico, sinaláronse cuestións significativas da nosa Comunidade :

  • A nosa principal fortaleza é a riqueza social do bario.
  • As cuestións da participación social vense  afectadas pola configuración do espazo  público.
  • A respecto dos grupos sociais da poboación:
    • A relación é máis estreita e fluída con infancia e maiores e algo menos con homes e mulleres.
    • Destaca a lonxanía aos colectivos de mozos e mozas, inmigrantes e etnias.
  • Sobre os grupos de poder, identificados coa administración:
    • Os máis distantes son o Ministerio de Fomento, a Autoridade Portuaria e a Zona Franca, que teñen intereses antagonistas.
    • O Concello e a Xunta (Medio Ambiente, Facenda...), que semellan máis cercanos, non colaboran na práctica cos obxectivos perseguidos pola cidadanía, aínda que poidan defendelos como discurso.
  • A Valoración xeral dos recursos e boa (3,49 sobre 5)

Desde o Plan Comunitario de Teis tratamos de dar resposta ás demandas sociais que van xurdindo nesta Comunidade da que formamos parte, a través do deseño e desenvolvemento comunitario de Programas e Actividades de interese común a nivel político, asociativo e cidadán. Xeramos ideas socio-comunitarias que se apoian nun proceso comunitario:

Organizativamente estruturado:

E metodolóxicamente avalado:

  1. Sensibilización da poboación en xeral e dos estamentos máis directamente implicados no proceso (Colectivos do Barrio, Centros de Ensino, Xuíces, responsables políticos da Administración,...).
  2. Estudo profundo do Territorio.
  3. Diagnose Comunitaria (utilizando diversos métodos: audición, observación participante, etc.) para o autocoñecemento dos recursos, demandas e potencialidades.
  4. Planificación e Actuación consecuente na liña da mellora da calidade de vida e do fortalecemento da Comunidade.

Diferenciámonos doutras Asociacións en que a éstas non as define un territorio concreto senón un ámbito sociopolítico determinado.

 

      Imprimir