Cookies

Comité de Colectivos

Consolidouse a partires de 2014, pero ten a súa base na mesas de traballo que comezaron no ano 1992.

O Comité de Colectivos é un grupo de traballo, un espazo de encontro, reflexión e participación permanente de colectivos/asociacións veciñais, mediambientais, deportivas, culturais...do Barrio de Teis.

É un órgano informal de consenso e toma de desisións colectivas.

As súas funcións son de carácter proactivo. Entre elas, destacan as seguintes:

  • Favorecer o análise e a reflexión sobre os asuntos colectivos cara a toma de decisión participada.
  • Xestionar os intereses colectivos.
  • Promover melloras estruturais, urbanísticas e medioambientais no barrio.
  • Recuperar espazos públicos nos que veciños e veciñas poidan comunicarse.
  • Participar na vida social do barrio.
  • Apoiar os programas comunitarios.
  • Mellorar a saúde comunitaria.

Como e por que un Comité de colectivos?

En 1992 a Traballadora Social do Centro  de Saúde de Teis (Estrella), moi implicada nos problemas do barrio, convocou a todos os colectivos de Teis, para traballar conxuntamente. 
Despois de varias reunións, acórdase formar a Mesa de Traballo do barrio de Teis en decembro de 1.996. Esta Mesa  estaba liderada pola Asociación de Veciños de Teis e o Plan Comunitario e agrupaba 16 colectivos.

        

Entre os anos 1998 a 2000,  a Mesa de Traballo viviu o seu maior esplendor. Coa unión entre axentes sociais e veciñais e a comunidade en xeral, consegíronse moitas melloras para o barrio.  (para ver detalles pica aquí e nalgunha das imaxes)

  • As beirarrúa de Angel de Lema
  • A Piscina Municipal 

 

 

  • A Depuradora e o saneamento de Rorís
  • O Túnel da Madora
  • Os chaléts de “La Atalaya” (onde se instalou una gardería municipal e un Centro de Día para maiores) e o de Cobas (onde se construiu o Centro Cívico de Teis)

 

A clave do éxito e a forza desta Mesa de Traballo, radicou na unión de todos os Colectivos do barrio, conscientes de que non se pode construir unha comunidade sen procurar espazos onde se establezan lazos e relacións comunitarias máis alá dos propios intereses sectoriais, pero nos que estes poden convivir e, máis aínda, complementarse.

A partires de aí, os conflitos internos propios das dinámicas individuais de cada grupo de interese, debilitaron os lazos creados ata que desapareceu a mesa de traballo como tal.

Do 2002 al 2006 el PXOUM (Plan Xeral de Ordenación Urbanística Municipal)  posibilitou á veciñanza participar da planificación urbanística, propoñendo, zademáis das demandas propias dos intereses individuais y sectoriales, a incorporación de espazos máis apropiados para a convivencia veciñal, e permitiu retomar as reunións colectivas (que primeiramente foron sectoriais), lideradas polo Plan Comunitario de Teis para conseguir un barrio estrutural e mediambientalmente mellor.  

A presentación de máis de 20.000 sinaturas, paralizou unha ordenación urbanística que destruía a identidade que Teis ten como barrio

As mobilizacións para a apertura ao público dos terreos da antiga ETEA, foron un punto de inflexión na consolidación do contacto continuo para consensuar accións comúns.   

 

Retomáronse as xuntanzas periódicas de todos aqueles colectivos que tiñan participado nos consensos reivindicativos; conformando, pouco a pouco, un espazo de reflexión e organización colectiva colectiva cara ás demandas/solucións de todas aquelas cousas que nos afectan como barrio-comunidade.

   

                                                                                        (xuntanza cun dos grupos políticos da cidade)

Todo o acontencido deixou patente a  capacidade do propio Plan Comunitario de Teis de reorganizar os procesos existentes no barrio, como unha aprendizaxe retroalimentada desde a iniciativa inicial da Mesa de traballo, para mellorar a eficiencia e conseguir un maior beneficio para a comunidade.

As colectivos/asociacións que actualmente integran este Comité son:

Este comité está aberto sempre a  novas incorporacións.

 

      Imprimir