PPLAN   >  

 PPLAN  

Facendo Barrio

  • As veciñas e veciños, os colectivos, axentes sociais e recursos traballan conxuntamente por un Teis mellor.
  • Dende - Ata: 24/04/1995 - Actualmente

A forma de traballar do Plan Comunitario de Teis, permite estruturar todos os cimentos sociais, urbanísticos  e mediambientais da comunidade, fortalecendo o tecido social para construir un barrio mellor.

No noso barrio, existe unha veciñanza con sentido de pertenza e arraigo territorial, con intereses comúns en relación ao que significa a mellora do barrio, tal e como se reflectiu na Dagnose Comunitaria (2007-2010), identificando problemáticas e establecendo liñas comunitarias de traballo:

(Se queres velo máis grande fai clic no cadro)

Desde o Plan Comunitario de Teis canalizamos e coordinamos as sinerxias creadas na rede veciñal para ir facendo o barrio desexado. A veciñanza convírtese, así, en protagonista e destinataria do proceso de cambio.

Recollemos as demandas dos veciños e veciñas de Teis (poboación destinataria do Programa) e tratamos de darlle resposta a través dos programas comunitarios, organizando o traballo nas diferentes comisións  en coordinación con todos/as os/as axentes sociais e recursos presentes no barrio.

Materiais relacionados
Documentos

Imaxes
  • 1 de 5