Cookies

Organización do traballo

A estrutura dun Plan Comunitario é diferente á de outras Entidades / Asociacións desde o prantexamento estruturado e delimitado de funcións específicas que se  concretan no Organigrama da Entidade como sigue:

1. Unha Asemblea Xeral (Órgano decisorio de Goberno). Está formada por todos aqueles recursos, colectivos e axentes sociais presentes no barrio de Teis. É o máximo órgano de participación e decisión. Reúnese unha vez ao ano.

2.  Unha Xunta Directiva (Órgano delegado da Asemblea Xeral para a operativización de obxectivos e decisións non vinculantes). É a representación da Asemblea Xeral para a toma de decisións inmediatas e a representación legal da Entidade. Ningún dos membros recibe remuneración algunha polo desempeño do seu cargo nen Indemnización en caso de abandono do mesmo. Está formada por:

  • Presidente (Eduardo García Crespo)

  • Vicepresidente (Basilio Aragón Castaño)

  • Secretario (Marta M. Fernandez Iglesias)

  • Tesoureiro (Benito Santos Gonzalez)

3.   O traballo do Plan Comunitario de Teis reaíizase, de modo tácito, a través de tres comisións de traballoComisión de Saúde e EducaciónComisión de Ocio e Tempo Libre e Comisión de Urbanismo e Medio Ambiente nas que participan persoal dos servizos sociais, de educación e saúde; membros das entidades, colectivos e axentes sociais; veciños/as a nivel individual, a equipa técnica do Plan, e unha representación da Xunta Directiva que varía según a comisión de que se trate. Reúnense cantas veces se precíse para os diferentes programas e actividades, que se desenvolven interrelacionados entre si e en cada ámbito de actuación a través da comisión correspondente.

4,  Unha Equipa Técnica, que se encarga de levar a cabo con profesonalidade as funcións de programación ( deseño, execución e avaliación técnica de programas); de xestión e de dinamización social ( coordinación entre recursos, animación social á participación, Información xeral de recursos...). Actualmente, o Plan Comunitario de Teis conta cunha equipa de traballo estable formada por:

  • Unha Traballadora Social Comunitaria (M. Xenoveva Cordeiro Bermúdez) que realiza as funcións de Coordinadora Técnica e encárgase das demandas sociais na Entidade.

  • Unha Educadora Social (Marta Fernandez Iglesias) que realiza as funcións educativas en todos os programas existentes

A equipa compleméntase con outro persoal contratado  cuxo perfil profesional varia según Programas.   

      Imprimir