PPLAN   >  

 PPLAN  

LudoPam Teis

  • Apoio pedagóxico e lúdico-social a menores de 6-12 anos en situación de risco e as súas familias
  • Dende - Ata: 01/09/2008 - Actualmente

 LudoPam Teis é un programa que contempla as diferentes posibilidades de apoio (educativo, emocional, lúdico, comunitario, integrador, global) para dar unha resposta acertada ás necesidades e demandas dos máis febles e vulnerables: os/as menores.

Os destinatarios directos do Programa son nenos e nenas de 6-12 anos do Barrio de Teis en situación de risco e as súas familias.

A filosofía primeira e fundamental do Programa é acadar a normalización necesaria para o desenvolvemento global e efectivo destes/as nenos/as a través do apoio pedagóxico e lúdico-social.

Os obxectivos das actividades encamíñanse a súa integración total

  • fomentando a adquisición e desenvolvemento de habilidades sociais (de comunicación, de relacións interpersonais...) e instrumentais (de organización,  de resolución de problemas e toma de decisións...) vinculadas co rendemento escolar e a vida cotiá.
  • implementando actitudes e aptitudes que posibiliten a relación interpersoal entre todos os rapaces e rapazas e o respecto e valoración entre grupos de iguais e as persoas en xeral.

A coordinación e o intercambio de información entre profesionais, posibilita o óptimo desenvolvemento do programa e a consecución dos resultados desexados na evolución emocional, social e curricular dos nenos e nenas que participan no LudoPan Teis. 

 

Se queres coñecer en profundidade este Programa, pica aquí.

Para saber con que resursos e Centros de Ensino traballamos fai un clic aquí.

 

 

Materiais relacionados
Documentos

Imaxes
  • 1 de 5