A nosa forma de traballar
O noso modelo de intervir na Comunidade descansa sobre as bases seguintes:
-
A propia Comunidade será obxecto e suxeito da intervención comunitaria, o que implica, pola nosa banda, asumir con todas as consecuencias os principios de participación e capacidade de autoorganización da Cidadanía.
-
O modelo de intervención será contrario á proliferación sistemática de Servizos especiais, dirixidos a persoas especiais, que etiquetan e compartimentan á Cidadanía e xeran, xa de por sí, marxinación
-
Os organismos e servizos que están a actuar na comunidade (ensino, sanidade, promoción laboral, servizos sociais) deberán estar integrados nos programas de intervención.
-
Todos os servizos actuarán coordinados entre si, e tamén coa comunidade organizada, de xeito que conformen un conxunto estruturado e sistematizado que permita e posibilite unha intervención perfectamente imbricada.

Pola súa parte, as liñas metodolóxicas que contextualizan a nosa intervención comunitaria son as seguintes:
-
A comunidade é algo concreto e definible (desenvólvese nun território delimitado, cunha poboación definida e cuns recursos determinados).
-
As accións e programas deben ser globais e integrais.
-
As intervencións deben estar asentadas nas propias forzas e recursos da comunidade.
-
As forzas e recursos da comunidade deben estar organizados, coordinados, optimizados e mobilizados.
-
O traballo debe organizarse como ferramenta de solidariedade socialmente eficiente, eficaz e rendible.
-
Deben ser fins en si mesmos:
-
A participación.
-
A comunicación.
-
A superación de prexuízos e actitudes segregadoras.
-
O incremento da concienciación.
-
O fortalecemento dun tecido social vivo e capaz de reaccionar fronte ás necesidades emerxentes.
Imprimir