Dende - Ata: 01/07/2023 - Actualmente
Desenvolvemento de Itinerarios de Inclusión Socio-laboral encamiñados á adquisición das habilidades sociolaborais básicas para la inclusión social de xóvenes en exclusión e a redución dos desequilibrios existentes na súa situación de partida; a redución da lonxanía relacional do sector xuvenil cos colectivos, organizacións, institucións e recursos do barrio e o fortalecemento da rede social de inserción na comunidade.
O traballo na prevención de posibles situacións ou riscos de exclusión con mozas e mozos de 16-26 anos (poboación destinataria deste Programa) é unha conta pendente -a nivel comunitario- no Barrio de Teis que quedou patente na Diagnose Comunitaria que realizamos, tanto pola dificultade de conseguir a súa participación como pola súa lonxanía dos Colectivos Sociais, Organizacións e Institucións presentes no Barrio (ver mapa relacional).
Apunto Teis supón un punto de referencia para a xente nova, asentando as intervencións nas propias forzas e Recursos da Comunidade, mellorando a súa organización, coordinándoos, optimizándoos e mobilizándoos, na medida do posible, na busca de alternativas viables de traballo.
A integración e implicación das persoas en rede (a través da coordinación e cooperación cos Servizos Sociais e outras Entidades ou Axentes Sociais participantes) facilita, a través do establecemento de itinerarios de inserción socio-laboral personalizados (con titorización e seguimento), a incorporación social da xuventude en situación de desvantaxe e/ou exclusión e a redución da súa vulnerabilidade.
Se queres coñecer en profundidade este Programa, pica aquí.
Para saber con que Recursos colaboramos fai un clic aquí.
El desarrollo de esta WEB ha sido posible gracias al
mecenazgo de la Fundación Barrié y la RSC de Edisa