Dende - Ata: 05/09/2022 - Actualmente
Este proxecto busca traballar coas mulleres migradas veciñas do barrio, conectando diferentes saberes, espazos e tempos que permitan construír un barrio máis inclusivo e equitativo.
O proxecto xira ao redor de catro elementos fundamentais: inclusión, multiculturalidade, participación activa e convivencia, con un enfoque baseado no desenvolvemento humano centrado na persoa e os seus dereitos para establecer contornas propicias a nivel comunitario e asegurar a cohesión social.
Establécese o territorio como escenario de participación no que se pretende involucrar, empoderar e impulsar ás mulleres migradas como veciñas que contribúan ao desenvolvemento do barrio no que viven
Estamos convencidos de que a inclusión abrangue aspectos moi diversos e, nese convencemento, promovemos o traballo en rede para conseguir unha perfecta coordinación entre os/as profesionais implicados/as cara ao seguimento e titorización das mulleres que participen no proxecto.
O Proxecto está dirixido ás mulleres de orixe estranxeira que residen no barrio de Teis.
Os obxectivos que pretendemos alcanzar son os seguintes:
Estas son as actividades que se realizarán coas participantes:
Para saber máis podes ver a memoria facendo un clic aquí
Se queres coñecer os recursos cos que colaboramos pica aquí
El desarrollo de esta WEB ha sido posible gracias al
mecenazgo de la Fundación Barrié y la RSC de Edisa