Sentimos e practicamos o principio de participación como principal garantía de calidade e lexitimación
Somos unha coordinadora de barrio que aúna Persoas, Colectivos, Asociacións de todo tipo (ANPAs, veciñais, deportivas, culturais, medioambientais), Servizos (institucionais ou non) e Recursos establecidos no barrio de Teis.
En 1992 a Traballadora Social do Centro de Saúde de Teis (Estrella), moi implicada nos problemas do barrio, convocou a todos os colectivos de Teis, para traballar conxuntamente.
Despois de varias reunións, acórdase formar a Mesa de Traballo do Barrio de Teis en decembro de 1.996. Esta Mesa estaba liderada pola Asociación de Veciños de Teis e o Plan Comunitario de Teis e agrupaba 16 colectivos.
Os nosos compromisos son sociais. Temos forma xurídica de Asociación e non pertencemos a ningún partido político tal e como figura expresamente nos nosos Estatutos.
Promoción da igualdade para mulleres inmigrantes veciñas do Barrio
Prevención e promoción de hábitos de vida saudable no ámbito escolar, familiar e comunitario
Apoio pedagóxico e lúdico-social a menores de 6-14 anos en situación de risco e as súas familias
Itinerarios de inserción socio-laboral personalizados para mozas e mozos de 16-26 anos en situación de vulnerabilidade
O P.C.T. cumpre coa Lei de transparencia
El desarrollo de esta WEB ha sido posible gracias al
mecenazgo de la Fundación Barrié y la RSC de Edisa