Cookies

Proxecto "Luscofusco"

                       
 Código QR do Ficheiro de recursos e activos de saúde.
Promoción da saúde comunitaria como factor de protección.
Se queres descargalo en pdf fai clic aquí
Para ver INFORME FINAL DE RESULTADOS clica aquí

A rareza de escoitar e sumar forzas

              
Reportaxe do Faro de Vigo.
Unha exposición moi acertada sobre o traballo do
Plan Comunitario de Teis.
Se queres lelo con mais detalle fai clic na foto
 

Sentimos e practicamos o principio de participación como principal garantía de calidade e lexitimación

Somos unha coordinadora de barrio que aúna Persoas, Colectivos, Asociacións de todo tipo (ANPAs, veciñais, deportivas, culturais, medioambientais), Servizos (institucionais ou non) e Recursos establecidos no barrio de Teis.

En 1992 a Traballadora Social do Centro de Saúde de Teis (Estrella), moi implicada nos problemas do barrio, convocou a todos os colectivos de Teis, para traballar conxuntamente.





 

Despois de varias reunións, acórdase formar a Mesa de Traballo do Barrio de Teis en decembro de 1.996. Esta Mesa estaba liderada pola Asociación de Veciños de Teis e o Plan Comunitario de Teis e agrupaba 16 colectivos.

Os nosos compromisos son sociais. Temos forma xurídica de Asociación e non pertencemos a ningún partido político tal e como figura expresamente nos nosos Estatutos.

Avance de Programas

Non hai fronteiras!

Proxecto de desenvolvemento persoal coas mulleres migrantes veciñas do Barrio

Plan comunitario de saúde

Proxecto de saúde comunitaria para mellorar o benestar emocional e a saúde integral da poboación infanto-xuvenil do barrio de Teis.

Guindastres

Apoio pedagóxico e lúdico-social a menores de 6-14 anos en situación de risco e as súas familias

A punto Teis

Itinerarios personalizados de inserción socio-laboral e transición ao emprego para mozas e mozos de 16-30 anos en situación de vulnerabilidade

 

PremiosfundaciónlaCaixa 2021


¡Infórmate!

Destacados
isotipo
O P.C.T. cumpre coa Lei de transparencia
banner