Organización do traballo
A estrutura dun Plan Comunitario é diferente á de outras Entidades / Asociacións desde o prantexamento estruturado e delimitado de funcións específicas que se concretan no Organigrama da Entidade como sigue:
1. Unha Asemblea Xeral (Órgano decisorio de Goberno). Está formada por todos aqueles recursos, colectivos e axentes sociais presentes no barrio de Teis. É o máximo órgano de participación e decisión. Reúnese unha vez ao ano.
2. Unha Xunta Directiva (Órgano delegado da Asemblea Xeral para a operativización de obxectivos e decisións non vinculantes). É a representación da Asemblea Xeral para a toma de decisións inmediatas e a representación legal da Entidade. Ningún dos membros recibe remuneración algunha polo desempeño do seu cargo nen Indemnización en caso de abandono do mesmo. Está formada por:
-
Presidente (Eduardo García Crespo)
-
Vicepresidente (Basilio Aragón Castaño)
-
Secretaria (Marta M. Fernandez Iglesias)
-
Tesoureiro (Benito Santos Gonzalez)
3. O traballo do Plan Comunitario de Teis reaíizase, de modo tácito, a través de tres comisións de traballo: Comisión de Saúde e Educación; Comisión de Ocio e Tempo Libre e Comisión de Urbanismo e Medio Ambiente nas que participan persoal dos servizos sociais, de educación e saúde; membros das entidades, colectivos e axentes sociais; veciños/as a nivel individual, a equipa técnica do Plan, e unha representación da Xunta Directiva que varía según a comisión de que se trate. Reúnense cantas veces se precíse para os diferentes programas e actividades, que se desenvolven interrelacionados entre si e en cada ámbito de actuación a través da comisión correspondente.
4, Unha Equipa Técnica, que se encarga de levar a cabo con profesonalidade as funcións de programación ( deseño, execución e avaliación técnica de programas); de xestión e de dinamización social ( coordinación entre recursos, animación social á participación, Información xeral de recursos...). Actualmente, o Plan Comunitario de Teis conta cunha equipa de traballo estable formada por:
-
Unha Traballadora Social Comunitaria (M. Xenoveva Cordeiro Bermúdez) que realiza as funcións de Coordinadora Técnica e encárgase das demandas sociais na Entidade.
-
Unha Educadora Social (Marta Fernandez Iglesias) que realiza as funcións educativas en todos os programas existentes
A equipa compleméntase con outro persoal contratado cuxo perfil profesional varia según Programas.