Coordinación. O PCT
O Plan Comunitario de Teis créase en marzo de 1995 coma un xeito de acción coordinada ante unha problemática común, nun barrio onde a marxinalidade e a conflitividade social foron, no seu momento, manifestas, aportando á sociedade un mecanismo de vertebración, cohesión e estructuración social
Establécese coma unha coordinadora de barrio, entendendo o concepto de coordinación de maneira metodolóxica, de tal xeito que a participación convírtese no maior indicador da calidade do noso traballo comunitario.
O Traballo coordinado de equipa permite a colaboración da comunidade, profesionais e administración, artellando solucións e dándolle unha cobertura integral- desde o punto de vista profesional- ás demandas e necesidades xurdidas no ámbito do desenvolbemento comunitario.
Todas as súas actuacións se rixen polo criterio participado de coordinación dos servizos, institucións e axentes sociais..
Ao entendela así, como criterio de actuación, a coordinación permitenos intervir con responsabilidade e compromiso coas persoas e colectivos sociais, respectando os seus dereitos, a súa dignidade e a súa liberdade de eleción e de decisión, concedéndolle á comunidade o seu espazo como protagonista do proceso comunitario.