Comisións
No Plan Comunitario de Teis, traballamos tácitamente, e de maneira transversal, en tres comisións de traballo -Comisión de Saúde e Educación; Comisión de Ocio e Tempo Libre e Comisión de Urbanísmo e Mediambiente- desde as que se planifican e organizan os diversos programas comunitarios que desenvolvemos.
Sin acto formal de constitución, o traballo en comisións establecéuse como unha metodoloxía idónea para operativizar o traballo colectivo, desenvólvéndose desde a propia creación do Plan Comunitrio de Teis e formando parte da súa estrutura organizativa desde 1996.
A decisión de crear estas tres comisións de traballo (e non outras) veu marcada polas interrelacións que se viñan dando nas diferentes áreas de intervención do Plan Comunitario de Teis, e que influían - e inflúen- directamente nas condicións de vida da poboación do barrio e nas súas oportunidades de mellora.
Nas comisiós participan persoal dos servizos sociais, de educación e saúde; membros das entidades, colectivos e axentes sociais; veciños/as a nivel individual, a equipa técnica do Plan Comunitario de Teis e unha representación da Xunta Directiva, que varía según a comisión de que se trate.
Non son comisións pechadas a novas incorporacións, polo que admítese a participación de todas aquelas persoas ás que lles interese e poidan aportar coñecemento persoal ou profesionalmente nos asuntos que se debatan en cada unha delas.
A finalidade das comisións é debater en profundidade os asuntos, programas ou temáticas de interese prioritario, acordadas na Asamblea Xeral, e participar no desenvolvemento das iniciativas comunitarias prantexadas.
A máis, a incorporación das comisións de traballo na estrutura organizativa da Entidade fomenta a coordinación entre entidades e facilita a súa participación nas distintas accións comunitarias.