Cookies

Guindastres

Guindastres
Apoio pedagóxico e lúdico-social a menores de 6-14 anos en situación de risco e as súas familias

Desde - Hasta: 01/08/2019 - Actualmente

“Guindastres” Teis é un programa que contempla as diferentes posibilidades de apoio (educativo, emocional, lúdico,comunitario, integrador, global) para dar unha resposta acertada ás necesidades e demandas dos/as máis febles e vulnerables: Os/as menores.

Trátase de ofrecer apoio socioeducativo a menores e familias para favorecer o éxito escolar, aportando valores que lles permitan crecer coma seres sociais, responsables, solidarios, tolerantes e  capacitandoos/as para a vida familiar e interrelacional, contribuindo ao seu crecemento intelectual e socioafectivo.

Persoas destinatarias directos: nenos e nenas de 6‑14 anos do Barrio de Teis en situación de risco e as súas familias.

Filosofía: acadar a normalización necesaria mediante apoio pedagóxico e lúdico‑social.

Obxectivos:

  • Fomentar a adquisición e desenvolvemento de  habilidades sociais (de comunicación, de relacións interpersoais,...) e instrumentais (de organización, de resolución de problemas e toma de decisións) vinculadas co rendemento escolar e a vida cotiá.
  • Implementar actitudes e aptitudes que posibiliten a relación interpersoal entre tosos os nenos e nenas e o respecto e valoración entre grupos de iguais e as persoas en xeral.
  • Potenciar a integración e interacción de nenos e nenas e as súas familias  dos menores e das súas familias na súa contorna (Barrio de Teis).
 
Actividade Guindastres

A coordinación e o intercambio de información entre profesionais,  posibilita o óptimo  desenvolvemento do proxecto e a consecución dos resultados desexados na evolución emocional, social e curricular dos nenos e nenas que participan no "Guindastres".

O establecemento de protocolos de actuación conxuntos cos e cas profesionais de referencia, consolida un espazo de apoio e derivación de persoas e situación de especial vulnerabilidade.

Como coordinadora de barrio   o Plan Comunitario de Teis provoca e potencia a interacción dos e das menores e as súas familias en e có seu barrio, favorecendo a súa participación e integración en actividades/recursos/servizos. 

Con esta metodoloxía comunitaria lograse artellar unha intervención interdisciplinar que favorece procesos normalizadores.

 

Se queres coñecer en profundidade este proxecto, pica aquí.

Para saber con qué recursos e Centros de Ensino traballamos fai un clic aquí.