Estatutos e Normativa
Os Estatutos son o marco regulamentario no que se desenvolve o Plan Comunitario de Teis, cuxa existencia, segundo o seu artigo 5, ten como fins:
1. Fomentar a interacción no barrio de todos os sectores sociais.
2. Implicar aos distintos sectores cidadás na realización de actividades con carácter preventivo que beneficien ao barrio.
3. Xerar as infraestruturas para que se poidan realizar as actividades.
4. Mellorar as condicións físicas e ambientais no entorno.
5. Desenvolver proxectos e actividades tendentes á potenciación da saúde, educación, cultura (entendida como a propia que nos identifica como pobo) e benestar.
6. Realizar todo tipo de intervención lexítima para mellorar a calidade de vida dos/as cidadás.
Pola súa banda, entre outra Normativa aplicable á nosa Entidade, destacamos a seguinte:
De Ámbito Internacional:
- Declaración Universal dos Dereitos Humanos. (Asamblea Xeral da ONU. 1948).
- Declaración de los Derechos del Niño. 20 de Noviembre de 1959
- Declaración universal dos dereitos lingüísticos.
De Ámbito Estatal:
- Constitución Española.1978
- Lei Orgánica 3/2007 de 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes (BOE nº 71 do 23/03/2007)
- Ratificación española da Carta europea das linguas rexionais ou minoritarias (1992)
- Ley Orgánica 15/99, de 13 de diciembre, de Protección de Datos de carácter personal
De Ámbito Autonómico:
- Estatuto de Autonomía de Galicia. Lei Orgánica 1/1981 do 6 de abril (BOE nº 101, do 28/04/81).
- Lei 13/2008, de 3 de decembro, de Servizos Sociais de Galicia.
- Lei 2/1996, do 8 de maio, de Galicia sobre drogas.(DOG nº 100, do 22/05/96)
- Lei 7/2004 do 16 de xullo, galega para a igualdade de mulleres e homes. (DOG nº 149 do 03/08/2004).
- Lei 3/1983, de normalización lingüística.
- Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.