A corresponsabilidade social é inherente a nosa forma de traballar e está detallada implícitamente nos nosos fins estatutarios.
Do mesmo xeito, desde a equipa técnica existe un compromiso expreso coa ética e as boas prácticas profesionais, obrígándose a fundamentar o desempeño da súa práctica profesional nos principios éticos de solidaridade, cooperación, xustiza social e corresponsabilidade.
Damos boa proba disto na
Caso dos convenios de colaboración con:
Desde o Plan Comunitario de Teis perseguimos o interese común e o dereito da veciñanza de Teis a se estruturar e organizar de xeito activo na resolución dos seus problemas, o que implica unha responsabilidade compartida por parte de todas as persoas, os/as axentes sociais, os servizos e os recursos que se atopan na nosa comunidade.
A súa participación activa e voluntaria é a que nos permite obter uns resultados socialmente rendibles contribuíndo á mellora socio-económica e ambiental do barrio.
Para coñecer como se estabelece a participación e implicación corresponsable de persoas, colectivos e recursos pica en Comisións de traballo e Comités.
Por outra banda, tentamos e potenciamos que as empresas ubicadas no barrio se impliquen no proceso de incorporación social e laboral dos colectivos sociais mais vulnerables.
Entre os recursos para a realización de prácticas prelaborais cos que asinamos convenios de colaboración nos tres últimos anos atópanse:
Na parte que nos corresponde, establecemos convenios de Colaboración con entidades sociais que persigan o mesmo fin e nos soliciten adscripción, para contratación ou asunción de alumnado en prácticas laboráis:
Actualmente temos suscritos convenios de colaboración con:
A nosa corresponsabilidade coa mellora mediambiental está expresada nos fins estatutarios e realízase a través da Comisión de Urbanísmo e mediambiente:
Colaboramos activamente en todas aquelas actuacións que sexan precisas para conservar e mellorar a nosa contorna. Para conseguilo coordinámonos con: