A Comisión de Ocio e Tempo Libre está integrada por Asociacións e Agrupacións Deportivas, Comité InterAnpa, Comité técnico do barrio e –puntualmente- outros colectivos e persoas a título individual.
A finalidade desta Comisión de traballo é propoñer, debater, avaliar e participar no desenvolvemento de programas e actividades de ocio, deporte e tempo libre. (se queres ver os programas que están activos nesta comisión pica aquí).
A maiores, permite aos/ás integrantes da Comisión establecer interrelacións proactivas e fructíferas para a xeración de novas actividades conxuntas, que de outro xeito nunca chegarían a efectuarse.
Realízanse xuntanzas periódicas para analizar e suxerir propostas de programas e actividades lúdicas e deportivas; e para a coordinación, seguimento e avalización de programas, proxectos e propostas realizadas no marco do traballo da Comisión.
Actualmente integran a Comisión de Ocio e Tempo Libre: