No Plan Comunitario de Teis asumimos a Comunidade como protagonista do proceso no que se atopa inmersa.
Entendemos que na comunidade, a Poboación, a Administración e os Recursos técnicos, profesionais e científicos existentes, son os tres actores que interactúan establecendo relacións máis ou menos eficaces.
No proceso diagnóstico, sinaláronse cuestións significativas da nosa Comunidade :
O Concello e a Xunta (Medio Ambiente, Facenda...), que semellan máis cercanos, non colaboran na práctica cos obxectivos perseguidos pola cidadanía, aínda que poidan defendelos como discurso.Desde o Plan Comunitario de Teis tratamos de dar resposta ás demandas sociais que van xurdindo nesta Comunidade da que formamos parte, a través do deseño e desenvolvemento comunitario de Programas e Actividades de interese común a nivel político, asociativo e cidadán. Xeramos ideas socio-comunitarias que se apoian nun proceso comunitario:
Organizativamente estruturado:
E metodolóxicamente avalado:
Diferenciámonos doutras Asociacións en que a éstas non as define un territorio concreto senón un ámbito sociopolítico determinado.