Comité InterANPAs
Tendo en conta que a familia é un alicerce fundamental da Comunidade, desde o Plan Comunitario de Teis favorecemos a asociación de nais e pais a fin de intervir nela.
Así, en 1999 creouse o Comité InterANPAs, espazo formado pola totalidade das ANPAs dos Centros Educativos do Barrio de Teis para traballar conxuntamente con elas na mellora da calidade da educación no sentido máis amplo:
-
Na Escola.
-
No Lecer.
-
Nas Familias.
Actualmente integran este Comité InterANPAs as Asociacións de Nais e Pais dos Centros de Ensino públicos e privados seguintes:
¿En qué benefician as ANPAs á Comunidade?
-
En que son Asociacións onde participan persoas que -normalmente- nunca estiveron asociadas, polo que constitúen unha boa escola de participación social.
-
Comunican e implican máis aos seus membros (nais e pais) que outras Asociacións, polo que son unha canle idónea de difusión informativa.
-
Son un ámbito de forte participación das mulleres.
-
Actúan de mediadoras naturais en saúde, prevención e ocio alternativo.
No marco deste Comité, as ANPAs teñen reunións periódicas para intercambiar ideas, coordinar accións, propoñer proxectos e intervir na Comunidade para mellorala.
-
Desde o Comité InterANPAs realízanse Actividades comunitarias:
-
Recuperación e potenciación de festas populares (o Entroido, os Maios, o Día das Letras Galegas, etc.),
-
Banco de Libros,
-
Olimpiadas Interánpicas,
-
Andainas,
-
...
-
Ao tempo que xorden Programas preventivos (ex.: Saúde na escola / Programa de Prevención do Consumo de Drogas na Escola (PPCDE), Máis que un teito, Activa,…) que pasan a articularse desde a Comisión de Saúde e Educación e Comisión de Ocio e Tempo Libre e nos que as ANPAs colaboran e participan.
Plan Comunitario de Teis
https://www.planteis.org/
https://www.planteis.org/index.php?V_dir=MSC&V_mod=showart&id=164