Cookies

Corresponsabilidade social

A corresponsabilidade social é inherente a nosa forma de traballar e está detallada implícitamente nos nosos fins estatutarios.

Do mesmo xeito, desde a equipa técnica existe un compromiso expreso coa ética e as boas prácticas profesionais, obrígándose a fundamentar o desempeño da súa práctica profesional  nos principios éticos de solidaridade, cooperación, xustiza social e corresponsabilidade.

Damos boa proba disto na 

  • Realización do Banco de Libros de Teis (único Banco de Libros Comunitario da cidade e mesmo da súa área de influencia)

  • Participación de balde en xornadas e foros sociais nos que se traballa activamente na mellora das bases sociais, establecendo convenios de colaboración con aquelas entidades que teñan políticas de responsabilidade social no seu ideario

Caso dos convenios de colaboración con:​

  • ​Importanos Teis: O proxecto parte do Consello Municipal de Cooperación Internacional e Solidaridade do Concello de Vigo no que se constitúe un grupo de traballo específico formado polas seguintes ONGs: Amigos da Terra, Comité Oscar Romero, Educación sin Fronteras, Entreculturas, Intermón, Jóvenes y Desarrollo e PROCLADE.
  • Inclúe: Modelo de intervención social centrado nas persoas, Fundación Social Emaús.

Desde o Plan Comunitario de Teis perseguimos o interese común e o dereito da veciñanza de Teis a se estruturar e organizar de xeito activo na resolución dos seus problemas, o que implica unha responsabilidade compartida por parte de todas as persoas, os/as axentes sociais, os servizos e os recursos que se atopan na nosa comunidade.

A súa participación activa e voluntaria é a que nos permite obter uns resultados socialmente rendibles contribuíndo á mellora socio-económica e ambiental do barrio.

Para coñecer como se estabelece a participación e implicación corresponsable de persoas, colectivos e recursos pica en Comisións de traballo e Comités.

Por outra banda, tentamos e potenciamos que as empresas ubicadas no barrio se impliquen no proceso de incorporación social e laboral dos colectivos sociais mais vulnerables.


Entre os recursos para a realización de prácticas prelaborais cos que asinamos convenios de colaboración nos tres últimos anos atópanse:


Na parte que nos corresponde, establecemos convenios de Colaboración con entidades sociais que persigan o mesmo fin e nos soliciten adscripción, para contratación ou asunción de alumnado en prácticas laboráis:

Actualmente temos suscritos convenios de colaboración con:

A nosa corresponsabilidade coa mellora mediambiental está expresada nos fins estatutarios e realízase a través da Comisión de Urbanísmo e mediambiente:


Colaboramos activamente en todas aquelas actuacións que sexan precisas para conservar e mellorar a nosa contorna. Para conseguilo coordinámonos con:

      Imprimir