Comité InterANPAs

Tendo en conta que a familia é un alicerce fundamental da Comunidade, desde o Plan Comunitario de Teis favorecemos a asociación de nais e pais a fin de intervir nela.

Así, en 1999 creouse o Comité InterANPAs, espazo formado pola totalidade das ANPAs dos Centros Educativos do Barrio de Teis para traballar conxuntamente con elas na mellora da calidade da educación no sentido máis amplo:

  • Na Escola.
  • No Lecer.
  • Nas Familias.

Actualmente integran este Comité InterANPAs as Asociacións de Nais e Pais dos Centros de Ensino públicos e privados seguintes:

¿En qué benefician as ANPAs á Comunidade?

  • En que son Asociacións onde participan persoas que -normalmente- nunca estiveron asociadas, polo que constitúen unha boa escola de participación social.
  • Comunican e implican máis aos seus membros (nais e pais) que outras Asociacións, polo que son unha canle idónea de difusión informativa.
  • Son un ámbito de forte participación das mulleres.
  • Actúan de mediadoras naturais en saúde, prevención e ocio alternativo.

 

 

No marco deste Comité, as ANPAs teñen reunións periódicas para intercambiar ideas, coordinar accións, propoñer proxectos e intervir na Comunidade para mellorala.

      Imprimir