Co-laboraciĆ³n participativa

No Plan Comunitario de Teis, consideramos que para maximizar calidade preventiva dos procesos comunitarios é imprescindible fomentar a participación cidadá na resolución dos problemas que lles afectan.

calidade do noso traballo basease na garantía lexitimadora do proceso,  xa que os resultados da acción social comunitaria, non se detectan de inmediato, senon logo dun proceso participativo no que eses resultados son, non só individualmente, senón tamén socialmente eficaces e rendibles.

A mellora da calidade de vida nos lugares onde actúan os plans comunitarios- o barrio de Teis no noso caso-, supón un factor primordial de protección fronte aos problemas sociais en xeral, xa que traballamos en diversos eidos a implicación das persoas na súa propia saúde, educación e cultura  e na da súa comunidade.

Os procesos, así entendidos, só son posibles se descansan sobre os principios de participación activa, coordinación e autoorganización da comunidade como garantes da calidade.



Plan Comunitario de Teis
http://www.planteis.org/
http://www.planteis.org/index.php?V_dir=MSC&V_mod=showart&id=179