Territorio

Teis sitúase na cara leste da cidade de Vigo. Exténdese desde a ladeira do Monte da Madroa ata Redondela e as parroquias de San Xoán de Monte e Candeán. Os seus límites abranguen a zona costeira comprendida entre Arealonga (Redondela) e a zona de Guixar (próxima ao centro da cidade).

Teis converteuse nunha área suburbana onde se mantén un sistema de asentamento rururbano con actividades urbanas intercaladas pero totalmente integrado na cidade.

Esta integración tivo a súa orixe no desenvolvemento industrial ao longo do século XX. De feito, a súa proximidade á Ría manifestou a súa importancia como foco industrial onde naceron as primeiras fábricas conserveiras na zona da Guía.

A configuración do espazo urbano xurdiu coa creación da rede de tranvías que circularon desde 1914 para unir os lugares de maior crecemento co centro da cidade. Neste sentido, trazouse unha liña que enlazaba o centro con Teis e Chapela, e isto fixo que o noso Barrio deixase de ser unha unidade territorial uniforme. A parroquia San Salvador de Teis, pola súa situación estratéxica na cidade, sufriu unha desestruturación brutal e continua, fragmentándose e dividíndose nas 6 parroquias que actualmente ten.

 

 



PCT
http://www.planteis.org/
http://www.planteis.org/index.php?V_dir=MSC&V_mod=showart&id=165