Axenda de actividades

A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA

O traballo de coordinación que leva a cabo o Plan Comunitariode Teis, en especial cos centros educativos do barrio, permítenos coñecer de primeira man as enormes dificultades as que se está a enfrentar toda a comunidade educativa no seu día a día.

Ás problemáticas habituais de falta de recursos para dar unha resposta de calidade á diversidade de alumnado, súmase unha etapa durísima da pandemia que está a pasar factura a nivel socioemocional á poboación máis vulnerable.

No noso barrio existen 15 centros educativos ( Ceip Frián, Ceip San salvador, Ceip Paraixal, Cep Santa Tegra, CEI Monte da Guía,Ceip Vicente Risco, Ies República Oriental de Uruguay, Ies A Guía,Ies Teis, Colexio Possumus, Colexio Monterrey...Ies Rosais II,Colexio Santiago Apostol, Colexio S. Xosé da Guía, Colexio Calasancias) polo que temos unha clara mostra do seu quefacer diario e da comlpexidade que supón o seu traballo cotiá (máis aínda no contexto actual) para mellorar a calidade de vida do seu alumnado.

Sabedoras de que, especialmente nos departamentos de dirección e orientación, estánse a ver sobrepasados, en moitos casos, polo aumento de problemáticas propias da fráxil saúde mental des menores-multiplicadas nos últimos tempos-, queremos amosar o noso apoio e aproveitar a ocasión para poñer en valor a profesionais da educación que levan 2 anos en primera liña, traballando por unha educación o máis segura posible sen perder no que se pode a calidade.

Non podemos caer no desánimo. Debemos aunar forzas e traballar conxuntamente máis que nunca para dar resposta, no posible, a todas as dificultades que están a facer tan complicado este curso escolar.

Poñemonos ao voso dispor para andarmos xuntos o camiño e fortalecer a rede comunitaria creada.


Unha aperta comunitaria!


A Xunta directiva e a equipa técnica do Plan Comunitario de Teis

08/02/2022 -

Lugar de celebración:

Arquivada en: